14 jul 2010

Subxéneros do manga: o shójo

O shojo (cuxo significado en xaponés é "rapaciña nova") é un tipo de manga dirixido a unha audiencia feminina de entre o dez e o dezaoito anos, e adoita publicarse en Xapón en revistas manga dedicadas a ese sector demográfico. Abarca unha gran cantidade de temas e estilos, desde o drama histórico á ciencia ficción, centrando habitualmente a énfase nas relacións humanas e sentimentais. Refírese ao tipo de Manga que se dedica a narrar historias románticas, orixinalmente para entreter ás mozas xaponesas pero que hoxe en día son vistas tamén polos mozos.

Estritamente falando, o shójo non se adscribe a ningún estilo ou xénero particular e é máis un indicador do público ao que vai destinado.

Este tipo de manga reúne unha serie de características que o diferencian do resto de subxéneros dentro do universo manga:

Os mozos que aparecen nestas series locen afeminados, canta maior sexa a beleza do mozo, máis afeminado aperentará ser. A pesar de elo, un home neste tipo de animación xaponesa pode chegar a ser compresivo, sensible e xentil sen chegar a ser afeminado.

O sexo dominante e forte é o feminino

Os sentimentos entre os suxeitos das relacións sempre ven envolvidos na incomprensión por parte da sociedade dos seus problemas.

Nalgúns casos neste tipo de series e producións de animación: o exterior dunha persoa é o máis importante.

Existen diferentes modalidades do Shojo

Shojo Puro: Onde a protagonista adoita ser unha muller con moitos problemas tanto sentimentalmente como tamén sociais. (tal é o caso de Candy Candy).

Shojo Singer: Onde as protagonistas soñan con converterse en ídolas (como en Densetsu Idol Eriko).

Shojo Magicals Girls: Onde as protagonistas adquiren súper poderes (véxase Sailor Moon).

Shounen: Historias referentes a mozos (relacións adolescentes).

No hay comentarios:

Publicar un comentario