20 jul. 2010

Personaxes animados: Minnie Mouse

Minnie Mouse é un personaxe de debuxos animados, dos estudos Walt Disney Pictures. É a eterna noiva de Mickey Mouse e xunto a el debutou en Plane Crazy, o 15 de maio de 1928, aínda que alcanzou o éxito xunto a Mickey no terceiro episodio de ambos, Steamboat Willie.

A noiva de Mickey Mouse

Minnie Mouse, eterna compañeira sentimental de Mickey Mouse, é unha ratona negra que viches saia, enaguas e tacóns na maioría das curtas. Na súa primeira aparición tan só lucía unha saia e as súas enaguas, mentres que na segunda curta The Gallopin' Gaucho xa usaba tacóns e un sombreiriño cunha flor.

Tivo pouco protagonismo nas curtas. Tan só aparecía como a compañeira sentimental de Mickey Mouse, e en varias ocasións era salvada de Pete Pata Pau, o gato inimigo de Mickey Mouse. É de temperamento doce e asustadizo, aínda que de moito carácter cando se enfada.

Matrimonio

Walt Disney dixo nunha entrevista do ano 1933: «In private life, Mickey is married to Minnie». (traducido: «na súa vida privada, Mickey está casado con Minnie»). Moitas persoas escribíanlle a Disney preguntándolle iso, xa que nalgunhas películas aparentaban estar casados e noutras non. O importante para as películas, é que Minnie é a muller ao seu lado, tanto cando se trata de historias nas que Mickey corteja a unha moza, a cal sempre é Minnie, ou nas que aparecen como un matrimonio. Na serie House of Mouse, Mickey menciona o seu aniversario con Minnie, o que implica que están casados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario