22 jul. 2010

Cousas de mulleres



Esta é a curtametraxe Cosas de Mujeres, dirixida por Lorena Méndez e Alejandra Rotondi.
Aquí achegámosvos a sinopse por parte das artistas!


A curta mostra un día na vida desta muller, que a angustian os mandatos e o que "debe" ser e facer todos os dias. Doutra banda, as fantasías ocórrenselle mentres fai o domestico e o cotián. Coas súas fantasías logra darlle un "voo" a esa vida repetitiva. O que vai en branco e negro é a rutina , pero paralelamente vai pasando a súa fantasia, a súa imaxinación, o que se lle ocorre pensar mentres fai as tarefas cotiás, e isto vai en cores.

A idea é que a pesar do rutineiro da súa vida, pode acharlle un aspecto creativo e unha posibilidade de goce á súa existencia. O obxectivo é cuestionarnos e reflexionar que as mulleres non estamos cativas, que temos a posibilidade de cambiar, os mandatos, o instaurado, o posto, por que xustamente, ten que ser asi? por tradicion? por costume? Polo que sexa.. repensar os roles, os mandatos... hai que darse conta diso, e da propia responsabilidade sobre o que acatamos; xa que a ninguén lle serve ocupar lugares por ocupalos, se non é desde o sentido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario