7 jul. 2010

Stop á violencia de xénero: A miña casa é un inferno

Alén Filmes é unha produtora viguesa que durante a primeira década do século XXI estivo adicada á animación en stop-motion e plastilina, sendo nominada para importantes premios coma O Mestre Mateo en 2007, ás mellores curtametraxes de animación e estando presente en múltiples festivais. Actualmente, Alén Filmes céntrase na dirección de casting e figuración para grandes producións de televisión e cine. Esta produtora viguesa presentou á Segunda Edición de Animacam unha obra realizada en plastilina sobre a violencia de xénero: A miña casa é un inferno.

A miña casa é un inferno é o primeiro capítulo da serie de animación "Historias do día a día". Narra a historia dunhas mulleres que sobreviviron á violencia de xénero e que agora viven nunha casa de acollida para mulleres vítimas de malos tratos.Unha vida nova despois dos infernos nos que se convertiran os seus propios fogares. Carolina, Iria, Lucia e Karen relatarannos as súas experiencias dende unha casa de acollida, un lugar cuxa ubicación non pode revelar nin aos seus amigos, nin á sua familia. Un remanso de paz despois dunha experiencia traumática como victima da violencia das suas parellas no seu propio fogar. Rafael Jurado , un xuiz do penal, achéganos a sua vision dun problema que crece alarmantemente, tanto no número de falecidas como no de persoas que o sofren. Ademais tratará de aportar algunha solución para mitigar o problema.



Dende Galicia, chega este exemplo de renuncia e rexeitamento á violencia de xénero, dotando á animación en plastilina dunha significalidade e vindose inmiscuida en temas sociais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario