26 jul. 2010

Sabías que Mafalda ten película dende o 79?

Pola época en que finalizaba a historieta, no ano 1973, Canal 11 de Buenos Aires (Arxentina) comezaba a emitir unha serie de curtas animadas, producidos por Daniel Mallo, onde os personaxes de Quino dialogaban.

Isto deu orixe, posteriormente, á película de Mafalda, a cal foi realizada no ano 1979 e estreada en Arxentina no ano 1981, en Buenos Aires. A longametraxe, producida novamente por Daniel Mallo, contou coas animacións de Jorge Martín (Catú), música de Riz Ortolani, guión de Alberto Cabado, e dirección de Carlos Márquez. Como era unha montaxe das curtas feitas para a televisión, no filme non había un nexo entre unhas historias e outras, o que, de todos os xeitos, non lle facía perder a esencia ao personaxe. Duraba 75 minutos, e no ano 1982 estreouse en España co nome de "O mundo de Mafalda".

No hay comentarios:

Publicar un comentario