
Nos seus inicios, sentía paixón pola pintura, pero vía o uso do caballete como anticuado, mentres que a animación sobre acetato, pintando, resultáballe moi atractiva. A través da súa obra, realiza unha clara mención e ofrenda á súa inspiración, o animador suízo, Georges Schwizgebel, que pinta con acrílico, gouache e outros pigmentos sobre milleiros de acetatos. A pintura acrílica sobre acetato é un proceso herdado da animación clásica -hoxe en día xa ninguén os usa-, pero María atopou o modo de innovar respecto diso, dándolle a volta ao soporte e pintando por diante, coma se estivese sobre lenzo ou papel, de maneira que a forma pintada vibra dunha imaxe a outra.
Ao final deste artigo, compartimos unha imaxe dunha das súas últimas obras, La Flor Carnívora, un novo éxito da animadora, presente en múltiples festivais.

Ao final deste artigo, compartimos unha imaxe dunha das súas últimas obras, La Flor Carnívora, un novo éxito da animadora, presente en múltiples festivais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario