5 oct. 2012

Aberto Prazo Recepción de Filmes en Animacam 2012



Dende o pasado 1 de outubro ata o 31 de decembro, Animacam manterá aberto o prazo de Recepción de Filmes para a súa V Edición 2012.

Animacam invítavos a participar e promocionar os vosos Filmes Animados nesta V Edición do Festival que este ano incrementa Premios (Catro en total, dotados con 3.000€) e presenta Sede Física Offline, nun dos máis relevantes espacios culturáis de España, o MUSEO DE ARTE CONTEMPORANEO GAS NATURAL FENOSA, en  A Coruña. Podedes realizar unha primeira visita virtual ao Museo a través do vídeo que pecha este artigo.

Para participar consultade as Bases, cumprimentade e asinade a Ficha Técnica que se adxunta na cabeceira deste apartado na Web de Animacam 2012; e enviádea ao enderezo indicado no fondo.


Posteriormente, debedes subir o Vídeo desde na Sección USUARIO unha vez vos teñades rexistrado.


Nesta V Edición non hai data de inicio de producción do Filme, sendo o único esixible para concursar, que a Obra se finalizara entre os anos 2011 - 2012.

Lembrámosvos que para poder Competir na Selección de Finalistas e optar a un dos Catro Premios, que se outorgarán en función da votación do público, tanto o Online a través da Rede, coma o Offline asistente aos actos de Exhibición dos filmes en Galicia, debedes enviar unha copia en DVD HD do filme participante a:

ANIMACAM

APARTADO 1.044

32080 OURENSE ESPAÑA

Canto antes comecedes a enviar Filmes, maior defusión e impacto internacional terán.

1 oct. 2012

ANIMACAM V EDICIÓN 2012

365 DÍAS PARA CELEBRAR 5 ANOS ANIMANDO O MUNDO


Á XENTE DO MUNDO ANIMADO
AO PÚBLICO ONLINE NO MUNDO
A TOD@s, ¡BENVIDOS!

RECEPCIÓN DE FILMES
1 OUTUBRO 31 DECEMBRO 2012

NOMINACIÓN DE FINALISTAS
 7 XANEIRO 2013

VOTACIÓN PÚBLICO ONLINE
8 XANEIRO 8 FEBREIRO 2013

8-9 FEBREIRO 2013

FALLO PREMIOS ANIMACAM ONLINE E ANIMACAM OFFLINE 2012
12 FEBREIRO 2013

MELLOR DIRECTOR/A ANIMACIÓN 2012: 1.000€
MELLOR FILME ANIMACIÓN 2012: 1.000€

FALLO PREMIOS SOLSTICIO DE VERAO E PALMARÉS ANIMACAM 2012
30 AGOSTO 2013

MELLOR GUIÓN 2012: 500€
MELLORES EFECTOS VISUAIS 2012: 500€

CLAUSURA V EDICIÓN E APERTURA VI
1 OUTUBRO 2013

30 sept. 2012

29 sept. 2012

Faltan 2 días ...





1__10__2012
f a l t a n    d o us    d í a s

para que os nosos blogs_animablog_mulleres animando, sexan ventas nas que informedes e compartades proxectos

28 sept. 2012

Falatan 3 días ...




1__10__2012
f a l t a n    t r e s    d í a s

para ter 365, exhibindo e premiando os vosos traballos

27 sept. 2012

Faltan 4 días ...




1__10__2012
f a l t a n    c a t r o    d í a s

para compartillar, máis ca nunca, os vosos soños animados

26 sept. 2012

Faltan 5 días ...




1__10__2012
f a l t a n    c i n c o    d í a s

para celebrar cinco anos animando o mundo con vosco