28 jul 2010

DONA´M CINE: Festival por e sobre mulleres

O Festival chámase DONA´M CINE e trátase do I Concurso Internacional de Curtametraxes Solidarias realizadas por mulleres sobre mulleres. O prazo de recepción de obras é até o próximo 25 de outubro e é un festival online que conta co apoio de múltiples entidades e asociacións e que é descrito pola Organización do modo que segue:

DONA'M CINE é un proxecto audiovisual impulsado pola Asociación Entrepueblos/Entrepobles/Entrepobos/Herriarte, que traballa en cooperación solidaria desde hai máis de 20 anos, e a produtora Dobre Banda, cunha ampla experiencia en cinema e documentais de contido social. Este proxecto recibe apoio financeiro da Agència Catalá de Cooperació ao Desenvolupament (Generalitat de Catalunya) e l´Ajuntament d´Olèrdola do Penedès.

DONA'M CINE é un festival que establece un punto de partida cara á construción colectiva dunha rede de intercambio en internet de materiais audiovisuais feitos por mulleres, que contribúan a consolidar procesos de empoderamiento das mulleres e a potenciar relacións de equidade entre homes e mulleres nunha sociedade máis xusta, inclusiva e solidaria. DONA'M CINE é unha oportunidade para documentar o noso presente, para escribir nosa propia historia dende a diversidade de identidades sociais, culturais, indíxenas, territoriais - áreas urbanas ou rurais-, sexuais, relixiosas ou agnósticas...

No hay comentarios:

Publicar un comentario