29 dic 2011

2011 foi o ano da muller animadora no IV Festival de Animación Online Animacam

 A directora de animación belga, Britt Raes, e a hispano-danesa Inma Carpe, gañan os Premios das Categorías a mellor Retrospectiva e mellor Multimedia respectivamente, sendo o premio á mellor Curtametraxe, para o director danés, Henrik Malmgren.

A directora belga BRITT RAES, coa súa obra Retrospectiva "I LIKE BIRD" expón un filme que recolle o lado máis interactivo da pueril relación dos máis pequenos cos medios audiovisuais e a reacción que estes espertan na súa mente e imaxinación.

En cambio, a animadora hispano-danesa INMA CARPE, coa súa peza Multimedia "DADDY´S GIRL" realiza unha proposta de anuncio publicitario para BARBIE I CAN BE de MATEL, no que priman as relacións paternais mostrando o seu lado máis amable.

Pola súa banda, o director HENRIK MALMGREN, co seu filme "THE GUEST", xa de gran repercusión en festivais como Siggraph (Los Ángeles); penétranos, a través dun thriller psicolóxico, no candente tema da soidade e a exclusión social dentro da convulsa e controvertida sociedade actual.

206 filmes de 38 países dos 5 continentes (1 de cada 3 dirixido por mulleres) coincidiron nas temáticas das súas películas (crises, guerras e soidade) presentadas á 4ª Edición de Animacam 2011, producido e realizado en Ourense, desde fai catro anos.

O papel que a Muller Animadora desempeñado en Animacam 2011 reflíctese de forma sobresaiente coa súa presenza en case a totalidade de obras presentadas a concurso. A súa notoriedade como directora alcanza 72 películas das 205 obras presentadas a concurso (un 36% do total). Cabe destacar, ademais, que a súa interactividade co Festival é asombrosa e dunha fidelidade crecente e progresiva: o Blog creado na 3ª edición 2010 dende o propio Festival para facer máis visible e notorio o seu traballo (Mulleres Animando), superou, na súa versión inglesa as 41.000 visitas.

Esta cuarta edición de Animacam tivo como selo definitorio a calidade das obras a concurso, logrando reunir, tanto a directoras consagradas como a novas promesas da Animación feminina Internacional.
Desta forma, directores do renome de Monique Renault, Malika Whitaker (Francia), Ellen Meske(Bélxica) , Jisuk Jung (Corea do Sur) e Isabel Herguera (España), entre outras, van da man de xovenes promesas da animación que participaron a través de prestixiosas escolas de arte, cinema e animación de todo o mundo. Entre elas, Supinfocom, Gobelins, Georges Melies, Esma (FRANCIA), ó ECAM e ESDIP (España).

Estas obras poderanse gozar até o comezo da V edición de Animacam na Web do Festival.