
Será en 1974 cando do salto á pequena pantalla, de mans do animador nipón Shojo Haiji, logrando un éxito sen precedentes a nivel internacional. Na serie de cincuenta e dous episodios nárrasenos as vivencias desta nena orfa, que nun principio vive nas montañas co seu avó e as que se ve obrigada a abandoar para ir á cidade como señorita de compañía doutra nena de clase social alta. Esta viaxe fai unha clara alusión á Segunda Revolución Industrial e ao éxodo do campo á cidade, contrapondo dous mundos distintos vistos desde os inocentes ollos da nena.
En 1975 emítese en España en Televisión Española, e sentará un éxito sen parangón na época. Con ela introdúcese o anime non só en España, senón tamén en Europa, e serve de punto de partida á introdución mundial do anime tanto no vello continente como en EE.UU.
No hay comentarios:
Publicar un comentario