16 jul 2010

Mulleres Animando: Chelo Loureiro

Con estudos de Delineación e Enxeñaría Técnica, Chelo Loureiro iniciou a súa carreira profesional como técnica no sector naval, continuando a súa formación académica e especializándose na xestión de empresas con actividades no sector da Comunicación "La Voz de Galicia, Diario de Ferrol e da Cultura", Artes Plásticas e Audiovisuais (Grupo Sargadelos, Lúa Films).

No 2004, Chelo Loureiro incorpórase a Continental Producciones para tomar a dirección da división de Animación. Foi a produtora executiva de obras como:
- "Pica Pica Circus": Longametraxe de animación dirixido por Tomás Conde e Virginia Curiá. 80 min.
- "De Profundis": Longametraxe de Animación dirixido por Miguelanxo Prado. 75 min.
- "A Crise Carnívora": Longametraxe de Animación dirixido por Pedro Rivero. 80 min.
- "A Flor máis grande do Mundo": Curtametraxe de Animación dirixido por Juan Pablo Etcheverry. 10 min.
- "Soños dende o Abismo": Documental dirixido por Sandra Sánchez, 58 min.
- "E Por Que?": Serie de animación. 52 capítulos x 30 seg.

Na pasada edición de Animacam, Continental Producciones presentou a obra O Soldadiño de Chumbo, de 2008, dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde. Actualmente, Chelo conta desde hai dous anos coa súa produtora propia: Ábano Producións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario