2 jul 2010

Mulleres en Animacam: Maribel Martínez

Maribel Martínez Galindo naceu en México D.F. e comezou a súa carreira gráfica na área editorial. Actualmente traballa coma directora creativa na área de animación e post -produción televisiva dentro da área de Imaxe de Televisa, onde o grupo ao seu cargo saíu gañador de dezaoito premios Promax (Promotion and Marketing) e BDA (Broadcast Design Association), ademais do festival cordobés Animacor 2008 coma mellor serie de televisión e o Gran Premio de Animación do New York Film Festival. O seu traballo foi publicado en varios libros e revistas de deseño e creatividade.

A autora mexicana presentou na Segunda Edición de Animacam unha campaña publicitaria de sete spots publicitarios, coma promoción da cultura e a literatura latinoamericana: Imaginantes. Baixo o lema Unha pauta para a imaxinación, en cada cápsula fálase dalgún gran autor (entre eles Octavio Paz e José Luis Borges) ou de algunha das súas obras. Mostrando o momento ou idea clave que os inspirou e relacionándoo cos momentos comúns que vivimos a maioría dos seres humanos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario