Todo o noso agradecemento,
por ter medrado, un ano máis, convosco,
por ter compartillado, a vosa vida animada, con nosco,
por ter camiñado xuntos, para animar o mundo,
…
Por todo elo, e por moito máis
FELICES ANIMADAS FESTAS
E VENTUREIRO ANINOVO!
- 850 years in Moskow
A Fundación Mujer es Audiovisual convoca a todas as mulleres que teñan traballos audiovisuais tales como: documentais, curtametraxes, longametraxes, animacións, experimentais, vídeo clips ou filme-minutos; co fin de facer unha selección de proxectos para as diferentes mostras en festivais nacionais e espazos alternativos vencellados á fundación.
FEMITIC é un concurso de vídeos que fomentan a participación das mulleres en Internet.
Unha muller soa na súa casa. Un home, ou quizá dous. Unha Venus Atrapamoscas. As flores carnívoras morren cando cazan... pero non todas.


.jpg)
A Segunda Semana Especial Mulleres Animando chega ao seu fin. Tras presentar dez obras de animación do trinque no Festival, Animacam clausura esta semana especial, iniciativa que xurdiu para conmemorar o terceiro aniversario do festival, que comezou a súa andaina o 23 de xuño de 2008.
Mulán é unha película de animación do ano 1998 dirixida por Barry Cook e Tony Bancroft, baseada na lenda tradicional chinesa de Hua Mulan. Tamén forma parte das Princesas Disney.
Continuamos celebrando esta Segunda Semana Especial en Animacam de Mulleres Animando con cinco novas estreas de animación realizadas por mulleres animadoras de diferentes partes do mundo. Animación tradicional realizada sobre acetato, animación 3D, flash e stop-motion mistúranse nestas cinco novas películas no Festival para conmemorar a labor cada vez máis importante da muller no mundo da animación:nin máis nin menos que dez obras de animación.END GUN VIOLENCE from Caroline Attia on Vimeo.
Despois de realizar unha semana de homenaxe ás animadoras en Mulleres Animando, debido á cantidade inxente de aportacións realizadas por mulleres que presentan os seus filmes ao Festival, adicamos unha nova entrega de animacións feitas e desenvolvidas por animadoras. Achégannos historias intelixentes, de denuncia social contra a guerra e contra as armas, poemas visuais e poéticos e historias doces e cercanas a modo de fábula nas que podemos aprender moi interesantes moralexas.
Tricky Women Festival é unha iniciativa realizada desde Viena, Austria, e este ano celébrase a súa 7 ª edición. Neste Festival congréganse gran cantidade de mulleres animadoras e dirixentes das principais produtoras de animación de Europa, América e Asia. Celebrouse o pasado mes de marzo de 2010.
As cinco en punto é a hora para tomar unha taza de té cos teus seres queridos. Algúns dos nosos paretes aínda viven preto nosa e algúns deles xa marcharon. Mais ningún deles perdería a oportunidade de pasar algún tempo xuntos e cunha taza de té.
Este proxecto combina a música e elementos visuais á perfección, creando un novo mundo multimedia inspirado nos sons abstractos, de 2 de pianos. É esencialmente a procura do transcendente á unidade que impulsa este proxecto. 2 Que é? É a suma de 1 + 1 e cando as 2 metades convértense nun? Esta película non dá respostas. Simplemente visualiza o proceso de dúas identidades separadas que loitan coas súas propias debilidades, fortalezas, as similitudes e as diferenzas na maneira de chegar a selo.
María Lorenzo Hernández é unha alicante de 33 anos, que realiza "Retrato de D" en 2004 tras o seu paso por Belas Artes na Politécnica de Valencia, onde tras uns primeiros traballos na animación que alcanzan certa repercusión, realiza "La pantera de Rilke",(2000) onde experimenta co concepto de pintura animada. "Retrato de D" confirma a súa posición como cineasta profesional, sendo premiado en numerosos festivais españois e participou en festivais como o de Annecy (Francia), o festival de Zagreb ou o Animamundi de Brasil.
O Festival chámase DONA´M CINE e trátase do I Concurso Internacional de Curtametraxes Solidarias realizadas por mulleres sobre mulleres. O prazo de recepción de obras é até o próximo 25 de outubro e é un festival online que conta co apoio de múltiples entidades e asociacións e que é descrito pola Organización do modo que segue:
A personaxe de Heidi xorde dun libro infantil de homónimo nome, polo que a autora Johanna Spyri logrou o recoñecemento e a fama internacional. Neste libro nárrasenos a historia dunha nena pequena que vive nos Alpes suízos próximos á fronteira con Austria. Na personaxe de Heidi destacan os valores humanos e o amor cara á natureza cos que conquistou non só á poboación infantil, senón que, xentes de todas as idades sentiron atraídas pola maxia da nena.
Con estudos de Delineación e Enxeñaría Técnica, Chelo Loureiro iniciou a súa carreira profesional como técnica no sector naval, continuando a súa formación académica e especializándose na xestión de empresas con actividades no sector da Comunicación "La Voz de Galicia, Diario de Ferrol e da Cultura", Artes Plásticas e Audiovisuais (Grupo Sargadelos, Lúa Films).