Cando en 1987, a compañía de videoxogos xaponesa CAPCOM, lanzou ao mercado dos salóns recreativos a primeira edición do videoxogo Street Fighter, nin se podían imaxinar a revolución que estaban a iniciar. A secuela lanzada ao mercado en 1991, non só sentou cátedra no mundo do videoxogo, senón que serviu de ruptura co estereotipo masculino dos videoxogos de loita.
Responsable disto foi a inclusión dun personaxe, cuxo nomee en chinés viña a significar beleza de primavera. Este personaxe era Chun-Li.
A figura de Chun-Li, conseguiu converterse, xunto a Ryu, no selo identificativo da saga de videoxogos de CAPCOM; e abriu o camiño aos personaxes femininos no mundo do lecer interactivo. Así, as compañías que a posteriori desexarón emular os éxitos conseguidos por Street Fighter, non dudarón en incluír nas súas ofertas de interactivas á "moza", situándoa sempre nun lugar preponderante.
Polo momento; e despois de 20 anos, o éxito do personaxe segue en auxe. Na súa extrapolación ás adaptacións animadas e cinematográficas que se realizarón da saga de videoxogos, ocupa un papel prominente, converténdose na gran protagonista dun nutrido elenco de figuras másculinas.
Desta forma, dende mulleres animando, realizamos unha merecida homenaxe a aquela que abriu o camiño do personaxe feminino a golpe de patada helicóptero no mundo do videoxogo: Chun-Li a primeira gran heroína interactiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario