Inma Carpe é unha animadora danesa de orixe español. Valenciana de nacemento, desenvolveu a súa carreira profesional en España, Cuba, Alemaña e Dinamarca. Presente en numerosos festivais de animación coma Anifest en Praga ou Animamundi en Sâo Paulo, desenvolveu gran parte da súa carreira entre España e Alemaña, aínda que actualmente se atopa afincada en Dinamarca.
Despois de outras obras coma Peace, Whispering, The little head riding hood ou AIDS (estas dúas últimas presentes na actual edición de Animacam), Inma participou na Segunda Edición de Animacam con dúas curtametraxes: In the winter palace- unha alegoría sobre o mundo onírico e o real e a pescuda do equilibrio perfecto entre ambos, coa que resultou gañadora na categoría Retrospectiva- e Prayer in the night – a historia de amor entre a lúa e o sol, e como esquivar a noite para poder estar xuntos. Ambas figuras astrais adoptan forma humana, para facer os seus soños, realidade- .

No hay comentarios:
Publicar un comentario