13 sept 2010

Comunicado urxente: Animacam en Facebook

Estimados e estimadas amigos e amigas do Festival Animacam:

É noso deber comunicarlles que contamos cun grave problema no momento de tentar acceder á nosa conta de Facebook, cuxo usuario é Festi. Animacam, desde hai seis días. Tras tres anos de concorrencia do Festival nos que estivo activo, compartillando todas as informacións referentes ao mesmo a través de dita rede social, atopámonos coa imposibilidade de emitir os nosos comunicados a partir da nosa conta orixinal, creada desde a Primeira Edición do Festival en xuño de 2008.

Tras tentar liquidar o problema, contactando cos administradores da rede social Facebook, cuxos representantes fixeron caso omiso ás nosas demandas, e consultando asesoría a diferentes expertos en informática e social networking, non comprendemos cal é o verdadeiro motivo do cesamento da devandita conta, xa que contamos co perfil de usuario aberto aos internautas e amigos do Festival, pero sen posibilidade de acceder á conta para seguir informando as novidades de Animacam. Por iso, sospeitamos que se trata dun ataque informático ao usuario de Facebook de Animacam, descoñecendo as razóns e motivos que ao causante lle levaron a realizalo.

Lamentamos e pedimos desculpas a todos os nosos seguidores e amigos do Festival, xa que se trata dun erro alleo á Organización e imposible de ser emendado a través da mesma, a cal sempre realizou un labor estritamente profesional e informativa co fin de compartir con todos vostedes a nosa actividade, desempeñada con todo o noso agarimo e estímulo. A pesar diso, a nosa alternativa será crear un novo usuario do Festival para continuar transmitindo ao público as novidades no relativo ao mesmo.

Rogámoslles, acepten as nosas desculpas e instamos os administradores desta rede social a que liquiden, expliquen e argumenten os inconvenientes que nos xurdiron á hora de acceder ao perfil da devandita rede social, motivos e razóns que descoñecemos e como usuarios, temos o dereito de ser informados ao respecto.

Moitas grazas polo seu tempo e atención

Un cordial saúdo

EQUIPO ANIMACAM
info@animacam.tv
http://www.animacam.tv

No hay comentarios:

Publicar un comentario