Marija Milanovic naceu 1972 en Kraljevo. Graduada en animación na "Escola de Cinema de Dunav", foi alumna do profesor Rastko Ciric - que tamén participou en Animacam coa súa animación Fantasmagorie. A película "Shadow and its man" era o seu proxecto final (que presentou na Segunda Edición de Animacam.tv, do mesmo xeito que as outras dúas obras de animación de abaixo.)
Marija Milanovic é unha animadora serbia con moitísima experiencia. Ela traballou desde hai varios anos para realizar animacións diferentes, rechamantes e moitas delas acudiron en representación da animación serbia en moitos países e festivais. Ela deu unha incrible achega a Animacam con tres obras de arte:
HOW DID THE LILY ARISE? conta a historia dun amor tráxico, na reflexión da natureza; inspirado pola canción Ofelia de Arthur Rimbaud. A natureza, plantas, flores ... son os protagonistas nesta arte. Tomando un punto de vista difícil de ver, pero fácil de sentir, é unha das animacións máis coñecidas da artista.
SENKA I NJEN COVEK (unha sombra e o seu home, traducido) fala dun home que camiña, seguido da súa sombra, pero non por moito tempo ... Estrañado polos temores e as precaucións, a autora trátanos de mostrar as distintas maneiras de entender o mesmo sentimento.
NAIVNA PRICA (HISTORIA SINXELA) é o último traballo coñecido da animadora. Un mozo de campo atópase na gran cidade por primeira vez. Esta animación máis cómica e burlesca, a autora dános unha visión clásica da volta a un sentido diferente e a comprensión, empregando o éxodo rural como metáfora...

No hay comentarios:
Publicar un comentario