Despois de realizar unha semana de homenaxe ás animadoras en Mulleres Animando, debido á cantidade inxente de aportacións realizadas por mulleres que presentan os seus filmes ao Festival, adicamos unha nova entrega de animacións feitas e desenvolvidas por animadoras. Achégannos historias intelixentes, de denuncia social contra a guerra e contra as armas, poemas visuais e poéticos e historias doces e cercanas a modo de fábula nas que podemos aprender moi interesantes moralexas.
Duas animadoras francesas presentan en Animacam dous filmes de moi boa calidade. É o caso de Joanna Lurie, a cal participa coa súa obra Le silence sous l´ecorce, unha fábula que emprega a mistura entre o 2D e o 3D, na que os animaliños teñen que averiguar e loitar contra os perigos que lles acechan no seu entorno. Caroline Attia narra a curta vida dunha pequena nena que se topa cunha pistola cargada no dormitorio dos seus pais. Unha curtametraxe que pretende amosar o perigo das armas nos fogares particulares, que poden acarrear nefastas consecuencias.
A venezolana Julie Hermoso, participante nas dúas anteriores ediciones en Animacam, combina de novo a beleza visual xunto coa lírica, nesta ocasión, unindo ambas disciplinas para crear Un Poema Mudo. A xovencísima animadora Azadeh Moezzi, amósanos unha tenra historia entre o amor paternal que un fillo sinte polo seu pai, o rei. Pode o amor dun fillo cambiar o destino do trono? A artista pretende respostar a esta pregunta con esta obra. Por último, a animadora austríaca Pascale Osterwalder, narra dun modo versado e rítmico os acontecementos transcorridos en Viena en 1848, cando o ministro de guerra Conde de Latour, convirte a represión do goberno nunha revolta en plena revolución húngara.

No hay comentarios:
Publicar un comentario