Catwoman, tamén chamada "gatúbela" nalgúns países latinoamericanos, foi creada por Bill Finger e Bob Kane de Dc Cómics, e realizou a súa primeira aparición en Batman N° 1. O seu verdadeiro nome, Selina Kyle, vén derivado da deidade lunar Selene e fai unha clara referencia á palabra "felina"
Nas súas orixes, Catwoman era unha ladroa de xoias de luva branca, disfrazada con traxe de gato e inimiga de Batman. A complexidade da personaxe foi aumentando a medida que pasaron os anos. Como antagonista da serie de cómics, destacan entre as súas habilidades: a axilidade propia dun felino, a súa capacidade e figura atlética e a curiosa sensualidade que desprende, que chega a provocar que exista entre ela e Batman, unha evidente atracción física e sexual, unida tamén ao romanticismo.
Máis adiante, indagaremos máis acerca das peculiaridades, as orixes, os matices e a personalidade desta curiosa personaxe, unha das máis aclamadas e coñecidas personaxes femininas de cómic e animación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario