A pesares de que a gala se celebra á noite, ao longo da xornada de hoxe producíronse diversos acontecementos. Entre eles, destaca a benvida oficial da concelleira de Educación e Cultura María Asunción Rivero Hermida, que saudou e animou aos participantes no curso de extensión universitaria «A muller na encrucillada do audiovisual».
Este curso-taller durará até mañá á noite e ofrecerá conferencias e mesas redondas nas que se analizará a presenza das mulleres no mundo do cinema e outros soportes audiovisuais, tanto desde o punto de vista interpretativo como nas facetas de guionistas, directoras, técnicas ou produtoras. O curso, foi presentado ao mediodía pola directora do Instituto da Muller, Laura Seara, nun curso integrado nun apartado especial que dedica o festival ao cinema en feminino. Haberá longametraxes, documentais e curtametraxes realizadas por mulleres e tamén un ciclo homenaxe á cineasta uruguaia Manane Rodríguez.

No hay comentarios:
Publicar un comentario