27 ago 2010

Lara Croft- "A heroína humana máis exitosa na historia dos videoxogos"


Seguindo o ronsel aberto por Chun-li no mundo do videoxogo; topámonos, en 1996, co personaxe feminino máis exitoso nesta industria, Lara Croft. Croft, que protagonizou as múltiples entregas da saga Tomb Rider en PC e consola, foi creado por Toby Gard como unha arqueóloga inglesa intelixente e atlética, ao máis puro Indiana Jones. De feito, o personaxe que Toby deseñara nun principio era de xénero masculino; pero, a gran acollida que estaban a ter os personaxes femininos na industria do lecer interactivo de mediados do noventa, enseguida fixo cambiar ao creador de opinión.

Aínda que debido á beleza da que se dotou ao personaxe, axiña comezou a recibir todo tipo de transformacións por parte dos máis dexenerados, chegando a ser considerada como unha exhaltación do machismo, os seus creadores encargáronse de manter a súa esencia, feito que pronto catapultou ao personaxe a protagonizar cómics, novelas e algunhas series animadas. Lara Croft, en poucos anos, comezou a causar tal furor en todo tipo de públicos, que se aprobeitou o feito que foi para catapultar ao personaxe á gran pantalla. Lara cobraba vida en 2001 da man de Angelina Jolie, nun filme que pasou por taquilla con máis pena que gloria; do mesmo xeito que a súa secuela, tamen protagonizada por Jolie en 2006.

Desta forma Lara Croft, volve ao mundo do videoxogo, onde non ten rival, Un claro reflexo de quen é a "A heroína humana máis exitosa na historia dos videoxogos" dato que figura nos Guinness.

No hay comentarios:

Publicar un comentario