3 ago. 2010

Women Make Movies (As mulleres fan cine)

A directora executiva de Women Make Movies, Debra Zimmerman, sinala que a actividade de WMM durante case 40 anos ten moitísimo mérito e moitísimas celebracións para esperar. Os proxectos que saen do WMM gañaron premios Óscar, Emmy e Peabodies. A Organización representa 30 países e máis de 400 artistas. Pero o máis importante, é que representan a presenza feminina no mundo do cinema. Xunto con tres estreas cinematográficas, case 10 a nivel nacional nos Estados Unidos de emisión de películas deste ano e firmes candidatas a recibir os galardóns máis importantes, "estamos a axudar a máis mulleres cineastas a introducirse neste mundo e a gañar máis diñeiro en concepto de regalías aos cineastas que nunca tiveron oportunidades", afirma Zimmerman.

Todo o staff técnico da Organización cre relevante sinalar a vangarda desa perspectiva que é, segundo Zimmerman, "que a corrente principal da que se nutre o cinema nace da perspectiva dunha muller". En particular, as mulleres cineastas buscan en WMM unha axuda para a distribución, unha compoñente clave do grupo que, segundo a súa páxina web, é o distribuidor "líder de películas da muller e cintas de vídeo en América do Norte". Cunha colección de máis de 500 títulos, a asociación xa organizou exposicións e mostras por todo o país, nunha variedade de lugares tradicionais e non tradicionais, pasando de sitios como os museos e universidades aos cárceres ou hospitais.



"Cando a xente pregúntame... E que hai de Men Make Movies? Eu respóndolle: Xa existe. Chámase Hollywood!" Zimmerman ri. "O Movemento é unha organización pequena entre os moitos que pon ás mulleres primeiro. Se nos fixamos na porcentaxe das películas feitas polas mulleres nos principais festivais, en televisión ou nas salas de cinema, parece claro que aínda hai unha tremenda necesidade de WMM."

No hay comentarios:

Publicar un comentario