20 ago 2010

Fin da Semana Especial Mulleres Animando

A Segunda Semana Especial Mulleres Animando chega ao seu fin. Tras presentar dez obras de animación do trinque no Festival, Animacam clausura esta semana especial, iniciativa que xurdiu para conmemorar o terceiro aniversario do festival, que comezou a súa andaina o 23 de xuño de 2008.

Agradecemos a todos e a todas a vosa participación, colaboración e seguimento e apreciamos a vosa atención e confianza, que nos axudan a tentar ofrecer contidos multimedia de calidade en animación. Moitísimas grazas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario