9 ago. 2010

Mulleres Animando: Maite Ruiz de Austri

Maite Ruiz de Austri é unha escritora, guionista e directora de cinema e televisión española, especializada en programas para destinados a público infantil. É a única muller directora de longametraxes de animación do cinema español. Até o momento dirixiu cinco películas e unha serie para televisión.

Pertence a CIMA, (Asociación de Mulleres Cineastas) e é membro da Academia de Ciencias e Artes Cinematográficas de España. Entre os numerosos e importantes premios que recibiu na súa dilatada carreira destacan: dous Premios Goya á mellor película de animación por El regreso del viento del norte (1995) e por Qué vecinos tan animales! (1999), dúas medallas de Ouro en The Houston International Filme Festival e medalla de prata e medalla de bronce en The New York TV Festival. Entre as súas últimas producións, destaca Animal Channel, pola que foi nomeada en 2008 a mellor longametraxe de animación nos premios Goya da Academia do Cinema Español.

No hay comentarios:

Publicar un comentario