19 ago 2010

Personaxes animadas: Mulan

Mulán é unha película de animación do ano 1998 dirixida por Barry Cook e Tony Bancroft, baseada na lenda tradicional chinesa de Hua Mulan. Tamén forma parte das Princesas Disney.

Mulan é unha moza en idade casadera, pero tamén é un espírito libre e é por iso que moitos a consideran unha deshonra para a súa familia e a súa cultura. No medio da dinastía ming, o imperio chinés entra en guerra cos Hunos, e o seu ancián pai é chamado ao frente. Como o seu pai xa non podía loitar, ela decide non permitilo e disfrázase de home para substituílo sen que alguén se decatase.

Unha das películas máis coñecidas de Disney a finais dos anos 90, baseada nunha popular lenda chinesa, Mulán converteuse nun dos referentes animados da factoría con máis carisma e máis coñecido polos máis pequenos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario