10 ago 2010

Hoxe en Animacam: Always beside de Justina Svambaryte

As cinco en punto é a hora para tomar unha taza de té cos teus seres queridos. Algúns dos nosos paretes aínda viven preto nosa e algúns deles xa marcharon. Mais ningún deles perdería a oportunidade de pasar algún tempo xuntos e cunha taza de té.

Tras participar con outra obra de animación en Animacam baixo o título de The lost glove, a xovencísima animadora lituana, presenta este novo traballo en 2D que nos transmite tenrura e nostalxia cara aos seres queridos que xa non están entre nós.

Justina Švambarytė naceu en Vilnius -Lituania- o 30 de setembro de 1987. Desde ese día, Justina quería ser unha artista. Despois de 22 anos, terminou en Vilnius na Escola Superior de Deseño e Construción e converteuse oficialmente nunha deseñadora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario