30 jun. 2010

Fin da Semana Mulleres Animando

Tras unha semana de cinco novas estreas adicadas á Semana Especial Mulleres Animando, mostrando e presentando obras feitas por mulleres animadoras procedentes de diferentes países e elaboradas en diversas técnicas: 2D, 3D, flash, stop-motion, destinadas a todos os públicos, de novo, presentamos cinco novas películas de animación chegadas de todas as partes do mundo, coma estamos acostumados. Diferentes historias, diferentes xéneros, diferentes cores... Seguimos camiñando xuntos para animar o mundo en Animacam!

Continuaremos con este espazo aberto a que todos vós aportedes as vosas ideas, opinións, suxerencias e comentarios. Estamos encantados coa vosa participación e colaboración! Moitas grazas a todos!

29 jun. 2010

Aberto ao cambio. Aberto ao novo

A artista de orixe búlgara Borislava Zahova - que participou nesta edición de Animacam coa súa obra experimental Meaning- móstranos o filme Open coa filosofía: aberto para o cambio, aberto para o novo.

Hai un vello dito que di "Fóra o vello co novo".
Como se pode encher a túa cunca con algo novo senón baleiras primeiro a cunca e vólvela útil?

Ás veces chégase a un enfoque aínda máis radical. A copa ten que romper por completo. Cando a copa rompe, non hai forma de enchela máis. Toda a existencia convértese nunha choiva de todas as dimensións, dende todas as direccións. A película é unha expresión peculiar desta catarse.

Aberto para o cambio.

Aberto ao novo.

The lost glove

The lost glove é unha animación que nos narra a amizade entre un can e unha nena onde aprendemos unha valiosa lección: "facer as cousas sen esperar nada a cambio pode resultar moi gratificante".

Justina Švambarytė naceu en Vilnius-Lituania-o 30 de setembro de 1987. Desde ese día, Justina quería ser unha artista. Despois de 22 anos, terminou en Vilnius na Escola Superior de Deseño e Construción e converteuse oficialmente nunha deseñadora.

28 jun. 2010

Esti mese (Bedtime Story)

Bedtime Story cóntanos a historia dunha familia que é moi afeccionada á torta de mel.

A directora romanesa Kassay Réka presenta esta animación 2D titulada Bedtime Story - no orixinal, Esti mese-, gañadora no Festival de Piatra 2009. Creadora doutras animacións como Pub Turism ou Power Station, a animadora de Bucarest é toda unha especialista en 2D, empregando diferentes cores e cunha caracterización das personaxes moi elaborada.

25 jun. 2010

Crema Suprema de Elleonora Ventura

Como os pasteleiros sabotéanse os seus pasteis "obras maestras", parece que ninguén vai resultar vencedor. Só unha tarta pode gañar.

A polifacética artista canadense Elleonora Ventura - creadora, guionista, animadora e deseñora de Ventura Studio- compite coa súa multipremiada obra Crema Suprema (gañadora entre outros do Femme Filme Festival e presente no Cannes Short Film Corner 2009), narra as sabotaxes entre pasteleiros no transcurso dun concurso de cociña.

24 jun. 2010

Hallucination

Yalda Nasirian (animadora e creadora de personaxes iraniano) preséntanos unha animación que mostra as consecuencias das drogas: Hallucination.

Nada en 1983 en Teherán, diplomada no ámbito de programas informáticos na sucursal da Universidade Azad-Abhar, Licenciada no curso de animación na sucursal Jahad universitario Karaj, animadora, deseñadora de personaxes, graduada en bachlor no ámbito da «it» na rama noor Payame universitario Karaj.

Yalda abre a Semana Especial de Animacam: Mulleres Animando

23 jun. 2010

Semana especial en Animacam: Mulleres Animando

Coinciendo co terceiro aniversario de Animacam, tras o seu nacemento o 23 de xuño de 2008, e para celebrar o solsticio 2010, o tres anos de vida do Festival e o recentemente creado blog Mulleres Animando, dedicamos esta semana Especial á muller animadora, estreando cinco obras creadas e dirixidas por mulleres.

Para todas e todos quen compartides o noso soño de “camiñar xuntos para animar o mundo”, vai unha nova xanela á que asomarnos para homenaxear ás mulleres animadoras (Mulleres Animando pretende ser un espello no que contemplarnos, xa que consideramos imprescindible a mirada feminina para compartir o camiño).

Son cinco obras do trinque procedentes de diferentes países as que forman a carteleira de Mulleres Animando en Animacam.

Yalda Nasirian
(animadora e creadora de personaxes iraniano) preséntanos unha animación que mostra as consecuencias das drogas: Hallucination.

A polifacética artista canadense Elleonora Ventura - creadora, guionista, animadora e deseñora de Ventura Studio- compite coa súa multipremiada obra Crema Suprema (gañadora entre outros do Femme Filme Festival e presente no Cannes Short Film Corner 2009), narra as sabotaxes entre pasteleiros no transcurso dun concurso de cociña.

A directora romanesa Kassay Réka presenta unha animación 2D titulada Bedtime Story - no orixinal, Esti mese-, gañadora no Festival de Piatra 2009, que relata as aventuras dunha familia que é moi afeccionada á torta de mel.

The lost glove é unha animación que nos narra a amizade entre un can e unha nena onde aprendemos unha valiosa lección: “facer as cousas sen esperar nada a cambio pode resultar moi gratificante”. Creada e escrita por Justina Švambaryte, unha muller lituana, que, con tan só 22 anos, xa realizou dúas obras de animación.

Finalmente, a artista de orixe búlgara Borislava Zahova - que participou nesta edición de Animacam coa súa obra experimental Meaning- móstranos o filme Open coa filosofía: aberto para o cambio, aberto para o novo.

Agardamos a vosa participación en Mulleres Animando e insistimos en que aquí teñen cabida non só proxectos actuais realizados por animadoras, senón tamén calquera proxecto producido ao longo da historia da animación, para crear un punto de encontro online a nivel internacional.

Desexamos que esta nova iniciativa sexa de voso agrado.

Moitas grazas polo voso apoio e confianza

Saúdos afectuosos e animados

Equipo Animacam

Mail: info@animacam.tv
Páxina web: http://www.animacam.tv
Blog oficial: http://mulleresanimando.blogspot.com
Grupo en Facebook:
http://www.facebook.com/#!/group.php?gid=125320004167166&ref=ts

22 jun. 2010

Mulleres en Animacam: Spela Cádez

Spela Cádez é unha artista e animadora eslovena que estudou na academia de Belas Artes da Universidade de Ljubljana. Continuou os seus estudios na academia alemana Media Arts de Colonia en Deseño de Medios.

A súa película de graduación, Liebeskrank (Lovesick) foi presentada en Animacam na súa Segunda Edición, ao igual que os seus seguintes traballos: Zasuzaneck -unha dramática historia representada por bonecos de trapo na cal a monotonía e a rutina vense rachadas pola espontaneidade e fantasía-, Marathon – unha comedia en clave de carreira, onde a diversidade e as diferencias entre unhas persoas e outras faránse perennes durante a maratón- e un spot publicitario para presentar o Far East Film Festival, o Festival máis grande do mundo de Cine Asiático en Europa.

21 jun. 2010

Mulleres animando: Caroline Leaf

Caroline Leaf é unha cineasta e animadora de dobre nacionalidade canadense-estadounidense. Naceu en 1946 en Seattle, e fixo a súa primeira película, Sand, ou Peter and the Wolf, en 1968 na Universidade de Harvard. A curta foi feita vertendo area nunha caixa de luz e a manipulación das texturas fotograma a fotograma.

A súa segunda película, Orfeo (1972), foi pintada directamente sobre o vidro da cámara. Ese mesmo ano foi convidada a unirse á National Film Board of Canada English Studio Animation.

Para producir The street, adaptación do conto do mesmo nome por Mordechai Richler, Caroline utilizou pintura mesturada con glicerina. Este traballo conseguiu ser nominado para o Óscar á mellor curtametraxe animada nos 49 Premios da Academia.



Desde 1981 até 1986 traballou en varias películas de acción documental. En 1986 produciu a súa primeira animación en case unha década polo rascado da película en cor de 70 mm e remasterizado en 35 mm. "Two Sisters" (1990) gañou o premio á mellor curtametraxe no Festival Internacional de Cinema de Annecy en 1991.

Animadora e directora da NFB até 1991, deixou a animación temporalmente para traballar en películas documentais. Nos últimos anos, contribuíu á animación dunha película sobre o ferrocarril subterráneo en 2001.

Caroline Leaf na actualidade vive en Londres e é profesora na Escola Nacional de Cinema e Televisión.

18 jun. 2010

Women In Animation

Women in animation é unha organización profesional sen fins de lucro establecida en 1994 para promover a dignidade, as preocupacións e o adianto das mulleres que participan en todo e por todos os aspectos da arte e a industria da animación.

WIA é:

- Unha organización de redes. Ofrece oportunidades para atoparse e intercambiar cartóns de visita con xente interesante e influente na industria da animación.

- Unha organización educativa. A través de talleres, reunións e grupos que están obrigados a obter información valiosa sobre a industria, as oportunidades dispoñibles e outros recursos educativos na súa área.

- Internacional. Coa maioría dos membros nos Estados Unidos e Canadá, membros de influencia e ao alcance de grandes en moitos outros países cun alto crecemento.

- Unha organización de persoas creativas. Participando nos aspectos seguintes da animación:

Animación Tradicional e por Ordenador
Actuación de Voz
Produción
Xestión de Bolsas
Guión

17 jun. 2010

O anime e as súas interpretacións

O "anime" ou debuxos animados xaponeses, comprende dende os Mazinger Z aos Dragon Ball ou os Pokemon pasando por Ramna ½ e unha vasta produción de longametraxes de temáticas moi diversas como Akira, Monster city, O puño da estrela do norte, Escaflowne ou A viaxe de Chihiro.

Existe unha constante acusación dende Occidente polas representacións estereotipadas de natureza sexista como esa lei do anime denominada "Da Probabilidade da Moda" que "demanda que as mulleres usen a menor cantidade de roupa posible, ou ben que calquera muller cunha excesiva cantidade de roupa veráa desgarrarse ou desaparecer dalgunha forma". De feito, toda moza que non imite e se comporte como un heroe masculino, será unha personaxe que está sempre en segundo plano, tras os mozos, e serán rapazas doces, asustadizas e boas. No entanto, a otredad cultural que Xapón supón para Occidente pode levar a exercicios simplificadores que non se corresponde coas miradas dese país.

E como exemplo de gran interese resaltamos a serie de Ranma ½ . A súa personaxe principal é un home adolescente, experto en artes marciais, que se transforma en muller cando entra en contacto coa auga fría e pasa de novo a home cando o contacto é con auga quente. Está claramente orientado a un público adulto tanto polo seu contido erótico como pola linguaxe cinematográfica da que se vale. Agora ben, expón un complexo drama identitario sexual moi característico das experiencias dos adolescentes que se conecta con outras tramas argumentais da serie que revelan as múltiples tensións características desa idade cada vez máis complexa en sociedades complexas como as actuais.

16 jun. 2010

Os debuxos animados dende a nenez

Outras investigacións distinguiron a recepción que nenos e nenas fan de produtos e revelouse que os nenos se identifican máis con modelos e actitudes que reflicten fortaleza, forza e violencia, mentres que as nenas senten máis atraídas polos accesorios, vestiario e modas das personaxes dos debuxos animados. Así, mentres os nenos preferían as calidades, os poderes máxicos e as pelexas que se suscitan en Dragon Ball Z; as nenas dicían rexeitar o programa polo seu contido violento, pero sentían atraídas pola vestimenta, os accesorios ou o peiteado do personaxe principal.

Obviamente, tales conclusións son un factor máis para que o cinema de animación sexa empregado como recurso educativo se existe interese en formar unha audiencia crítica desde a nenez.

15 jun. 2010

Estudos sobre o sexismo no cinema de animación

Unha extensa liña de traballo crítico sobre o cinema de animación, centrouse en denunciar as visións prevalentes de roles sexistas contrarios á emancipación feminina e en denunciar que non fomenta o respecto polo diferente á vez que mantén estereotipos de distinta natureza. Así, un estudo da Universidade de Granada de 2003, para o caso español, comprobou que seguen primando estereotipos sexistas. De feito, por cada personaxe feminino protagonista, hai dous masculinos.

As críticas, mesmo, chegaron a proclamar que os medios audiovisuais están a relevar aos relatos tradicionais nos procesos de socialización, nun tránsito que leva a perda da función mediadora do relator xunto ao aberto consumismo que promove. Os detractores máis críticos non dubidan en chegar a denunciar este cinema como de escaso nivel intelectual, que empobrece a linguaxe e o pensamento deformando os hábitos de lectura á vez que aboca a un pensamento simplista onde se esquematiza a vida social e humana.

14 jun. 2010

A muller en Animacam: Svetlana Filippova

Svetlana Filippova é unha experimentada animadora que conta cunha traxectoria incríbel e multicidade de premios no seu haber. Naceu en 1968 en Alma-Ata, Kazajstán e graduouse en 1991 na Universidade Estatal de Kazajstán. Continuou para completar o curso máis alto nos guionistas e directores de cine como directora de animación de cine en 1997.

Unha das mulleres animadoras europeas máis recoñecidas, participou na Segunda Edición de Animacam con tres de sus obras: en The night has come (1998), a súa primeira animación, experimenta coa area e intenta transmitir unha mensaxe: a noite é indivisíbel, igual para todos, mais diferente para cada un. Con Sarah's Tale, busca un xeito diferente de contar unha historia universal, e con Three Love Stories, empregando material de arquivo ruso de 1920 ao 1930, narra tres historias de amor durante a Revolución Rusa.


11 jun. 2010

A muller na animación: Joanna Quinn

Nada en Birmingham en 1962, tras comezar a súa carreira coa súa ópera prima Girls 'Night Out (1987), Joanna Quinn foi recoñecida como unha das animadoras máis representativas do Reino Unido e unha das máis recoñecidas mundialmente, tanto por mostrar de modo crítico e rechamante as cuestións da muller como polo seu detalle ao debuxar e trazar a man as súas obras de arte cun forte sentido de ritmo visual e movemento.

Realizou unha versión aproximada de Girls 'Night Out para o seu espectáculo de gradación en 1985, completándoo dous anos máis tarde despois de obter financiamento da Canle 4 e S4C. Foi seleccionada para o Festival de Cinema de Annecy, onde gañou tres premios e tamén se lanzou ao reconomiento da animación internacional por primeira vez.
Formou Beryl Productions co escritor e produtor Lles Mills, quen fora un dos seus profesores na universidade. Chamada así polo personaxe central de mediana idade de Girls 'Night Out e o seu sucesor Consello de Beleza (1990), en palabras de Joanna Quinn "para producir alta calidade, animación accesible, que é observacionalmente base e explora os aspectos significativos da experiencia humana contemporánea, a miúdo utilizando o humor como un elemento esencial ".



O estudo Beryl realizou animacións de prestixio tales como Elles (1992) e Britannia (1993). Outro fito chegou en 1997 con Famous Fred, unha animación de media hora para nenos baseada no traballo do titor debuxante Simmonds. Tamén contribuíu A esposa do conto de Bath (1998) coa adaptación animada da BBC de Gales dos Contos de Canterbury de Geoffrey Chaucer.

A última produción de Quinn, unha curtametraxe titulada Dreams and Desires- Family Ties, completouse en 2006, e regresa ao mundo de Beryl, cuxo intento dun vídeo-diario ten, segundo Quinn, "e, ás veces imprevistas consecuencias desastrosas".

10 jun. 2010

Situación actual do mundo da animación

Non cabe hoxe seguir pensando que o cinema de animación é só cinema para nenos ou cinema de debuxos animados. Indubidablemente, a maioría dos títulos de animación están dirixidos ao público infantil e as técnicas de animación máis estendidas son as do debuxo animado, pero existe todo un mercado de animación dirixido ao público adulto, e por outra banda, as técnicas de animación son extraordinariamente diversas. Hai, polo tanto, que deixar atrás esa idea do cinema de animación como xénero delimitado polo tipo ou idade de público ao que vai destinado.

O cinema de animación non goza dunha especial boa fama. As críticas son moi variadas. Por unha banda, acúsaselle de fomentar a violencia e con iso estimular a conduta agresiva dos nenos. En xeral, censúrase que fundamente o seu humor na agresión e a violencia gratuíta, fomentando actitudes de desprezo ao outro, ademais de desenvolver outro tipo de violencia pasiva, a que teñen que ver coa representación da muller, da nena, dos personaxes femininos en xeral, xa sexan humanos ou animais sexuados. O anime xaponés está especialmente nese punto de mira. Por outro, denúnciase o colonialismo cultural que supoñen xa que a maioría da produción é estranxeira e estraña á cultura propia dos nenos e nenas que ven tales películas. Tamén foi acusado de promover unha ideoloxía conformista, conservadora, onde a resolución de conflitos desenvólvese máis desde o recurso á forza bruta, ou co emprego de poderes máis ou menos ocultos, por encima do razoamento e a procura de consensos dialogados.

8 jun. 2010

Mulleres animando en Animacam


O próximo 23 de xuño, solsticio de verán, Animacam celebra o seu tres primeiros anos de vida. Para festexalo con todos os que compartides o noso soño de camiñar xuntos para animar o mundo, decidimos abrir unha nova xanela á que asomarnos facendo unha homenaxe a toda a representación mundial de mulleres animadoras. Así, a partir de hoxe creamos un novo espazo en Animacam: Mulleresanimando que pretendemos sexa un espello no que mirarnos xa que consideramos necesaria a mirada feminina para compartir o camiño.

Deste xeito, expomos esta proposta para reunir, conversar, debater e compartir nun só portal a idea de que a muller está cada vez máis presente no mundo da animación. Ademáis pretende ser unha plataforma de lanzamento dos proxectos realizados polas animadoras, así como un referente dos proxectos realizados por mulleres ao longo da historia da animación.

O obxectivo deste novo proxecto é crear un punto de encontro online a nivel internacional para tod@s as mulleres e homes interesade@s no tema,coñecedor@s ou non do mesmo, para que expresen as súas ideas, pensamentos e opinións.

Saúde e Animación!
Equipo Animacam