17 jun 2010

O anime e as súas interpretacións

O "anime" ou debuxos animados xaponeses, comprende dende os Mazinger Z aos Dragon Ball ou os Pokemon pasando por Ramna ½ e unha vasta produción de longametraxes de temáticas moi diversas como Akira, Monster city, O puño da estrela do norte, Escaflowne ou A viaxe de Chihiro.

Existe unha constante acusación dende Occidente polas representacións estereotipadas de natureza sexista como esa lei do anime denominada "Da Probabilidade da Moda" que "demanda que as mulleres usen a menor cantidade de roupa posible, ou ben que calquera muller cunha excesiva cantidade de roupa veráa desgarrarse ou desaparecer dalgunha forma". De feito, toda moza que non imite e se comporte como un heroe masculino, será unha personaxe que está sempre en segundo plano, tras os mozos, e serán rapazas doces, asustadizas e boas. No entanto, a otredad cultural que Xapón supón para Occidente pode levar a exercicios simplificadores que non se corresponde coas miradas dese país.

E como exemplo de gran interese resaltamos a serie de Ranma ½ . A súa personaxe principal é un home adolescente, experto en artes marciais, que se transforma en muller cando entra en contacto coa auga fría e pasa de novo a home cando o contacto é con auga quente. Está claramente orientado a un público adulto tanto polo seu contido erótico como pola linguaxe cinematográfica da que se vale. Agora ben, expón un complexo drama identitario sexual moi característico das experiencias dos adolescentes que se conecta con outras tramas argumentais da serie que revelan as múltiples tensións características desa idade cada vez máis complexa en sociedades complexas como as actuais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario