8 jun 2010

Mulleres animando en Animacam


O próximo 23 de xuño, solsticio de verán, Animacam celebra o seu tres primeiros anos de vida. Para festexalo con todos os que compartides o noso soño de camiñar xuntos para animar o mundo, decidimos abrir unha nova xanela á que asomarnos facendo unha homenaxe a toda a representación mundial de mulleres animadoras. Así, a partir de hoxe creamos un novo espazo en Animacam: Mulleresanimando que pretendemos sexa un espello no que mirarnos xa que consideramos necesaria a mirada feminina para compartir o camiño.

Deste xeito, expomos esta proposta para reunir, conversar, debater e compartir nun só portal a idea de que a muller está cada vez máis presente no mundo da animación. Ademáis pretende ser unha plataforma de lanzamento dos proxectos realizados polas animadoras, así como un referente dos proxectos realizados por mulleres ao longo da historia da animación.

O obxectivo deste novo proxecto é crear un punto de encontro online a nivel internacional para tod@s as mulleres e homes interesade@s no tema,coñecedor@s ou non do mesmo, para que expresen as súas ideas, pensamentos e opinións.

Saúde e Animación!
Equipo Animacam

1 comentario:

  1. estoy a vuestra disposición" para lo que necesiteis de mis nobles y humildes obras,
    a sido un placer para mi, vuestra bella invitación. la cual no entiendo el porque?
    me lo podrias explicar por favor, besos

    ResponderEliminar