
O cinema de animación non goza dunha especial boa fama. As críticas son moi variadas. Por unha banda, acúsaselle de fomentar a violencia e con iso estimular a conduta agresiva dos nenos. En xeral, censúrase que fundamente o seu humor na agresión e a violencia gratuíta, fomentando actitudes de desprezo ao outro, ademais de desenvolver outro tipo de violencia pasiva, a que teñen que ver coa representación da muller, da nena, dos personaxes femininos en xeral, xa sexan humanos ou animais sexuados. O anime xaponés está especialmente nese punto de mira. Por outro, denúnciase o colonialismo cultural que supoñen xa que a maioría da produción é estranxeira e estraña á cultura propia dos nenos e nenas que ven tales películas. Tamén foi acusado de promover unha ideoloxía conformista, conservadora, onde a resolución de conflitos desenvólvese máis desde o recurso á forza bruta, ou co emprego de poderes máis ou menos ocultos, por encima do razoamento e a procura de consensos dialogados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario