28 oct 2011

Isabel Herguera, un referente dentro da animación española.

Naceu en Donostia-San Sebastián, 1961. Descubriu a animación grazas a un amigo que lle ensinou como funcionaba unha cámara Bolex e cedeulle a súa truca de animación. Desde entón imaxina historias que leva a cabo en diversos lugares do mundo sobre escenarios que sempre caben na maleta.

Durante anos traballou en varios estudos de animación en Los Ángeles, EE UU. En 2003 regresou a Donostia e desde entón dirixe ANIMAC, a Mostra Internacional de Cinema de Animación de Catalunya, en Lleida, e imparte clases de animación na India, onde se escapa sempre que pode a debuxar en cadernos vellos, sobre todo en estacións de tren e paradas de autobús.

Filmografía da directora

1988 Spain Loves You (16 mm, 5 min. Animation)

1989 Safan (16 mm, 4 min. Animation)

1989 Cante de ida y vuelta (16 mm, 4 min. Animation)

1993 Los muertitos (16 rnm, 10 min. Animation)

2005 La gallina ciega (35 mm, 8 min. Animation)

2010 Amar (35 mm, 8 min. Animation)

A súa última obra "Ámár", que cultivou grandes premios e vén de vencer no XVI Festival Internacional de Cinema de Ourense, cóntanos a historia de Inés e a viaxe que esta realiza á India a visitar ao seu amigo Ámár, quen vive desde hai anos internado nun sanatorio mental. Inés lembra os últimos días que pasaron xuntos e a súa promesa de regresar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario