30 sept 2011

As mulleres animadoras apostan por Animacam


Esta semana temos unha mención especial e exclusiva para as mulleres animadoras que presentan as súas obras en Animacam.

Para comezar a semana temos o inmenso pracer de facer unha homenaxe ao crecente número de mulleres animadoras que presentan os seus traballos en Animacam.

Cada categoría estrea diversas obras de mulleres animadoras de diferentes países que se resumen da seguinte maneira:

De Romanía chéganos a curtametraxe "How to deal with non sense", unha obra de Veronica Solomon. O mundo sempre che parece coherente e comprensible? Pero por que loitar por comprender todo cando con alegría podémonos deslizar a través das capas da razón?

Seguindo en curtametraxe e dende Arxentina, resúltanos sumamente gratificante presentarvos "Benteveo". Unha obra da xa habitual participante nesta IV edición Ileana Andrea Gómez Gavinoser, que volverá alagar con poesía e sentimento a carteleira de Animacam.

Para a categoría multimedia e dende Alemaña, temos o gusto de presentarvos a obra de Antje Heyn, "Lumo", unha película de interacción entre o debuxante e o seu debuxo, entre dous personaxes e entre o pensador e o pensamento.

Continuado  coas presentacións, que mellor que presentar a Ingrid Esteve Martín, que dende Inglaterra nos trae 3 interesantísimas obras de animación. Son as seguintes:

Na categoría multimedia temos un vídeo promocional para de "The Fashion Fix", un éxito virtual en Second Life que, se o desexas, pode converterte na presentadora ou presentador virtual máis fashion .

Tamén nesta categoría  agasállanos cun traballo para unha presentación de Will Wright, "Meme Signal". Unha interesante proposta, Ingrid!

Para lembrar os seus tempos de estudante en España, Ingrid rememora esta época con "O tramposo", un traballo divertido e irónico que competirá na categoría retrospectiva por un premio de 600 Euros.
Dentro da cateogía retrospectiva, un ano máis, a figura de Monique Renault será  a nosa protagonista presentándonos varios films clásicos que, en compañía de Hellen Meske á dirección, móstrannos o lado feminino máis activo da Animación dos anos 80 e 90. Estes son os Films de Monique e Hellen:

Con "Hands off" preséntannos un Filme educativo que pretende un estímulo para o debate dentro dunha campaña máis ampla contra a violencia de xénero.

"Long live the sexual revolution" ofrécenos a historia dun home que fai unha planificación e prepárase para facer o amor coa súa parella, sen preocuparse de se o desexo é mutuo. Non parece que a súa parella teña o mesmo desexo ca el ...

E xa en solitario, Monique ilústranos con "La Dona e Mobile", unha viaxe ás fantasías masculinas vista a través dos ollos dunha muller, baseada na famosa opera do Rigoleto de Verdi. O duque de Mantua soña con espidos, languidecendo belezas. As mulleres representan as famosas pinturas de: Matisse, Ingres, Boticelli, Degas, deleitándose coa beleza dun pousado ou nun xesto sensual.





No hay comentarios:

Publicar un comentario