28 nov. 2011

Jisuk Jung e o seu reflexo da sociedade actual

 Jisuk Jung é unha multiartista coreana, nacida en 1980. A súa achega ao mundo animado comeza en 2002, e dende esta data estivo presente en multitude de festivais de todo o mundo con obras de significativa relevancia. 

A aclamación popular chegoulle por parte do público francés, país onde en 2004 realiza unha presentación dos seus traballos, cultivando unhas fenomenis críticas por parte do sector profesional.Entre as súas mencións máis importantes poderíase destacar primeiros premio e diversas mencións en: "France Flash Festival 2005", na "Internet Festival de Bordeaux", en "Seul Net Festival" e en "Melbourne Festival"; onde triunfou con dúas das súas grandes obras: Reve de Canne e The blue glass bird.

A temática da súa obra céntrase na soidade e o ecoloxismo como reflexo da moderna sociedade globalizada.

Sempre mostrando o seu inconformismo coa perdida da cultura propia, reflicte o concepto de soidade cun sentimento de desesperanza. Este concepto, móstrasenos na temática das súas obras como unha procura dentro dun conflito socializador.

Na vertente máis ecoloxista da súa animación, Jisuk ataca o dano que o ser humano aplica, na súa ansía de crecemento expansionista exacerbado, sobre a natureza. Creando, desta forma, un campo que convida á reflexión sobre a orixe humana dende a súa vertente máis natural.

En canto á súa técnica, Jisuk Jung sérvese dun 2D clásico amparado no debuxo a man, como útil fundamental no desenvolvemento da súa obra. A pesar diso, pódese observar nalgún dos seus traballos o 2D por computador e mix con imaxe real.

Se se tentase facer unha comparación de ambos os aspectos (técnica e temática) con algún artista, sería complicado non atopar unha leve halo reminiscente a Monique Renault e Ellen Meske, tanto no seu estilo como na súa temática revelde e activa. Aínda que Jisuk, móstrase máis propia co uso das cores vivas, con máis contraste e con gran fortaleza. Negros, Vermellos, Azuis e Amarelos ocres buscan o contraste do branco, característico das figuras principais das súas obras.

Para que coñezades de forma máis detallada o seu traballo, dende o Festival Internacional de Animación "Animacam", presentase un especial sobre esta artista que poderedes gozar a través de 8 das súas obras máis significativas.

Son as seguintes:









 Podes acceder a cada unha destas obras animadas facendo click no seu título
 
Prohibido perdelas !!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario