16 sept. 2011

Novos filmes a concurso en Animacam

Alemaña, Arxentina, Austria e España acollen aos filmes que entran hoxe a competición en Animacam IV edición.

Despois da gran acollida que recibiron os films presentados o pasado martes na estrea de Animacam 2011, xa son masivos os envíos de obras para a súa exhibición e posta en competición nesta cuarta entrega de Animacam.

Para rematar a semana presentámosvos unha máis que interesante selección de filmes, que a recado farán as vosas delicias.

Na categoría curtametraxe temos o pracer de presentarvos "Wallflower Tango", un filme de Wolfram Kampffmayer, que nos chega desde Alemaña da man do produtor Sebastian Weimann. Este curto de animación cóntanos a historia de Charlotte e Kalle, unha apaixonada do tango e un ladrón, que nos deleitarán cun pasional baile nun filme con moita faragulla.

Para acompañalo, desde Arxentina a cortesía de Ileana Andrea Gómez Gavinoser, con "Pío,pío", exhíbenos unha preciosa historia dun paxariño a procura dún fogar. A recado que este traballo fará as delicias dos máis pequenos.

Ileana será tamén una das nosas protagonistas na categoría Retrospectiva. Os traballos "Mar" e "Os bufos apagados" móstrannos o seu lado máis artístico e reflexivo. Coa súa obra "Mar", móstrasenos unha desconexión poética por medio das bágoas dunha muller e os seus efectos sobre o mar. Mentres que con "Os Bufos apagados" convídanos a reflexionar sobre a formación e a educación na súa plasmación dentro da sociedade da cultura.

Na súa compañía, e desde Austria, o director de orixe iraniana Taha Ghamini Fard tráenos dúas films cargados de sentimento e identificación coa súa terra. A súa obra "Hello" mostra unha sincera homenaxe aos primeiros profesores para nenos xordos en Irán. Mentres que con "100 years of Oil" Ghamini rememora o primeiro traballo de extracción de Petroleo en Oriente Medio.

Para finalizar, Amor Díaz agasállanos na categoría Multimedia coa súa videoarte "Cabalo de Santiago", onde recolle con gran notoriedade poética e impecable ambientación musical o peregrinar deste significativo animal rumbo á capital compostelá.


Desexando que gocedes da nosa proposta para o fin de semana, adiantámosvos que a próxima semana contarémos con diversas obras de alumnos dunha das escolas de animación máis prestixiosas do panorama. Os alumnos da escola francesa Georges Meliès compartirán os seus traballos con toda a gran familia que conformades o Festival Animacam.

Saúdos Animados e moi bo fin de semana a tod@s!!!

Visita Animacam IV edición

Coñece a Escola Georges Meliès

No hay comentarios:

Publicar un comentario