Sandra Ortuño é unha xovencísima animadora que presentou na pasada Edición de 2009 tres obras en Animacam. Esta valenciana de 24 años, licenciada en Belas Artes é unha nova promesa na animación española. As súas historias, doces e cun amplo sentido do humor, buscan a complicidade e conexión co espectador, a través dos movementos e da música das cintas.
Nos seus comezos no mundo da animación comeza a ter presenza e exhibición en festivais e mostras- Río de Janeiro, Valencia- e participa no noso festival con tres obras: Menu of the Day- producido e realizado no Reino Unido, conta a historia dun cociñeiro dun restaurante que queda sen comida que servir aos seus clientes en ton de comedia- , Salsito – realizada xunto a Víctor Gil, narra a aventura musical de Salsito, un paxariño que acode o seu primeiro día á escola- e Panteras en las paredes – obra desenvolvida integramente pola autora, na que Neu escoita ruídos nas paredes, mais ninguén lle fará caso algún.-
No hay comentarios:
Publicar un comentario