8 jul 2010

Betty Boob: unha das primeiras iconas femininas en animación

Betty Boop é unha personaxe de debuxos animados que apareceu na serie Talkartoon producida por Max Fleischer e lanzada por Paramount Pictures. Pola súa aberta sexualidade, Betty Boop tivo moito éxito no cinema.

Orixes

A súa primeira aparición o 3 de agosto de 1930, no debuxo animado, na sexta entrega das Fleischer's Talkartoon series. Grim Natwick, un animador veterano dos estudos de Walt Disney e Ub Iwerks, foi principalmente o responsable de crear a personaxe animada, modelado en base á figura de Helen Kane, cantante e actriz estadounidense contratada por Paramount Pictures, o estudo que distribuía os debuxos animados de Max Fleischer. Empezando con este debuxo animado, a voz do personaxe foi representada por varias actrices de voces diferentes ata que Mae Questel conseguise o papel, en 1931, e mantívoo polo resto da serie. O animador redeseñouna en 1932 para ser reconociblemente humana no debuxo animado Any Rags. Aparecía en dez debuxos animados como un personaxes de apoio, unha moza flapper con máis corazón que intelixencia. Non se bautizou oficialmente até o curto de 1932 Stopping the Show.

A pesar de diversos debates sobre a aparición definitiva, calcúlase que, en total, había doce debuxos animados de Screen Songs que ofreceron a Betty Boob ou, polo menos, a un personaxe similar.

Betty como símbolo-sexual


O irmán de Max Fleischer, Dave, alterou o personaxe aínda máis, facéndoa máis sensual e máis feminina. A famosa personalidade de Betty entrou finalmente na curta de 1932, Minnie the Moocher. En agosto de 1932, a serie de Talkartoon se renombró oficialmente como Betty Boop cartoons.

Betty Boop é famosa por ser o primeiro personaxe de debuxos animados que representa completamente unha muller sexual. Outros personaxes femininos do mesmo período mostraron a súa roupa íntima regularmente, como Minnie Mouse, pero non tiñan forma completa de muller. Betty Boop, con todo, revelou a súa sexualidade. Levaba vestido curto e liga. Tiña peito prominente e ensinaba o escote.

Con todo, os animadores aseguráronse de manter o personaxe "puro" (oficialmente ela tiña só 16 anos). As sensibilidades adultas de Betty fixérona triunfar e unha onda de merchandising percorreu o mundo. Mentres tanto, Helen Kane, quen inspirou o personaxe en 1930, demandou ao estudo Fleischer en 1934 alegando que lle copiaron a aparencia, a forma de bailar e cantar e o slogan. Kane perdeu o xuízo (e o seu Boop Boop a Doop) cando Fleischer probou que a frase xa fora usada antes de Kane.

No hay comentarios:

Publicar un comentario