CIMA (Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais) é unha asociación que reúne a máis de 200 mulleres profesionais cun obxectivo común: fomentar unha presenza equitativa da muller no medio audiovisual, contribuíndo á creación dunha sociedade máis igualitaria e diversa.
Sabías que apenas un 8% das películas que se producen en España son dirixidas por unha muller? En guión e produción as películas con participación feminina non alcanzan o 20%; e non importa se falamos de cinema, televisión ou documentais: a creación audiovisual está case absolutamente en mans masculinas. CIMA ten como obxectivo cambiar esta situación.
Máis de 200 mulleres profesionais de todos os campos do audiovisual forman parte desta Asociación: directoras de cinema, produtoras, guionistas, realizadoras de televisión, documentalistas, curtametraxistas, montadoras, directivas de empresas do medio, mulleres xefas de equipo dos distintos departamentos creativos ou técnicos, etc. CIMA recolle os puntos de vista e intereses dunha amplísima gama de sectores unidos por unha motivación común: conseguir que as mulleres teñan voz e presenza na creación, dirección e industria do cinema e a televisión.
Entre os propósitos de CIMA atópanse os seguintes:
1. Defender a igualdade de oportunidades no acceso aos postos de dirección e decisión dos medios audiovisuais e cinematográficos, incrementando neles o protagonismo e a influenza das mulleres e promovendo, en xeral, o acceso de mulleres á esfera audiovisual.
2. Promover unha imaxe non sesgada e máis real da muller nos medios audiovisuais que axude a dignificar a imaxe pública da muller e axude a crear imaxes de referencia ás novas xeracións de mulleres.
3. Promover a presenza paritaria de mulleres en todas as áreas públicas relacionadas cos medios audiovisuais.

No hay comentarios:
Publicar un comentario