27 sept 2010

Monique Renault: todo un referente feminino da animación

Tras ser protagonista dunha das entregas de Mulleres Animando, a artista francesa, actualmente instalada en Holanda, Monique Renault, contactou connosco a través da rede, alegre e agradecida polo artigo sobre a súa persoa e interesada en participar nesta Terceira Edición de Animacam, achegando gran parte da súa extensa obra con oito animacións, desde a súa etapa inicial en Francia até o seu desenvolvemento profesional nos Países Baixos.

Desde os seus inicios en 1966, cando obtén a titulación para cursar estudos en Praga, até hoxe en día, a animadora nunca deixou de crear, participando en múltiples iniciativas e formando parte como xurado de prestixiosos festivais de animación de todo o mundo. Destaca na súa obra, a delicadeza coa traza a lapis aos personaxes e o modelado dos mesmos, así como a utilización da imaxe e o movemento combinadas á perfección.

No Festival Animacam.tv, están dispoñibles oito das súas obras na Sección Oficial a Competición na categoría Retrospectiva:

- 850 years in Moskow
- À a votre

- Borderline 1 & 2
- Holly Smoke
- L´Alliance

- Nike 1980
- Pas a dèux

- Psychoderche

- Weg Ermee

Para ver as obras da artista francesa, é tan simple como acceder á páxina principal do Festival, clicar en Ver Vídeos e no buscador de películas, na parte esquerda da pantalla, teclear o nome da animadora: Monique Renault. Reláxense e gocen!


No hay comentarios:

Publicar un comentario