19 sept 2011

Estudiantes da Ecolé Georges Meliès presentan as súas obras en Animacam IV edición (part1)

 Da man dos amigos de Premium Films, os alumnos da prestixiosa escola francesa Georges Meliès presentan as súas obras a Concurso en Animacam IV.

Para empezar a semana ao grande, tal e como prometeramos, presentámosvos a primeira entrega das obras dos animadores da escola francesa Georges Meliès.

Nesta primeira entrega, catro obras dos estudantes da prestixiosa escola francesa entran a competición na IV edición do Festival internacional de Animación Online "Animacam". Estas obras competirán na categoría curtametraxe por un premio de 600 euros que irá acompañado do prestixio e recoñecemento internacional.

Nunha entrega que se completará o vindeiro mércores coa estrea doutras catro obras, dende Animacam temos o inmenso pracer de presentarvos:

"Carpates Express", un filme de Doris Bachelier e Maéva Viricel, que por medio dun mix 2D-3D nárranos a inusual odisea dun viaxeiro a bordo dun tren cheo de fantasía.

Con "Cuisine Jap", Amine Beckoury, David Fernández e François Dumolin móstrannos unha divertida alternativa á orixe da cociña xaponesa actual identificada na creación do afamado Sushi nun filme cunha leve alusión ao Bushido.

Lucie Mayjonade móstranos na súa curtametraxe de animación "Haï Puka", unha viaxe a través da imaxinación dunha nena nunha aventura chea de tenrura e fantasía dotado dunha coidada ambientación musical.

Para finalizar Guilhem Salines, Jean-Baptiste Bister, Marine Perraudin e Mathieu Goudet de Landres preséntannos en "Ecole Maternelle" a traumática toma de contacto dun párvulo coa gardaría. Un filme cheo de sentimento co que a recado máis dun sentirá identificado.

Visita Animacam IV Edición
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario