13 sept 2011

Benvidos a Animacam IV edición

 Un ano máis arrinca unha nova edición do Festival Internacional de Animación Online "Animacam" e nesta cuarta edición é un pracer volver compartir convosco estes marabillosos momentos animados.

En 2011 pretendemos seguir compartindo interesantísimas obras de todos os recunchos do mundo, así coma unha morea de novidades interactivas a través da renovado Web "animacam.tv".

Entre estas novidades que vos atopardes e iredes descubrindo nos próximos días, destacámosvos un novo formato de visionado onde poderedes seleccionar a opción de ver os vídeos en calidade normal ou HD. Todo iso para que a conexión de rede non supoña un impedimento á hora de gozar do traballo da gran familia Animacam.

Á súa vez, ofrecémosvos unha Web máis dinámica, interactiva e intuitiva para que gocedes na súa máxima esencia cada un dos momentos que compartamos xuntos.

Para iniciar esta singradura 2011 temos o pracer de presentarvos un representativo grupo de films que a recado resumen a esencia do festival:

Como toma de contacto, os compañeiros de ECAM remítennos tres estupendos films que optarán á categoría de curtametraxe e que se extractan da seguinte forma:

"Dogballs", dirixido por Ernesto Felipe e Hugo Llanas, é un thriller de animación no que se nos mostra o traballo dun especializado asasino a soldo no trato cun dos seus clientes. Esta recoñecida curtametraxe de animación desprende unha intensa esencia a cinema negro do bo.

"Iso pásache por Barroco" é un divertido proxecto realizado por Pablo Serrano, Elsa Esteban, Anxo Fariña, Vicky González, Adrián Parra, Juan E. Forero e Iria Salgado quen, a través dun traballado Stop-Motion con plastilina, móstrannos a desenfada historia dun comensal co seu alimento. A risa está asegurada amig@s...

O contrapunto máis intenso chéganos da intrigante man de Zoe Berriatúa, que nos conta por media da súa inquietante animación, "A cousa da esquina", a turbadora historia de Janus Harper nunha loita co seu subconsciente, ou quizais a súa realidade... xulgade por vos mesmos.

Estes tres films optarán ao premio da súa categoría acompañados dunha excelente curtametraxe de animación, cortesía de Alejandro Salmerón Galindo que co seu "Réquiem" móstranos, cunha metraxe próxima aos 20 minutos, a procura dun moribundo pola súa salvación. Logrará acadala?

Para rematar as presentacións, a nota internacional chéganos de Grecia da man de Irili Siresli, que propón un lado máis ecoloxista coas animacións "Mission Earth 1" e "Mission Earth 2". Un gran traballo que convida a unha sincera reflexión e concienciación natural.


No hay comentarios:

Publicar un comentario