27 sept 2010

Monique Renault: todo un referente feminino da animación

Tras ser protagonista dunha das entregas de Mulleres Animando, a artista francesa, actualmente instalada en Holanda, Monique Renault, contactou connosco a través da rede, alegre e agradecida polo artigo sobre a súa persoa e interesada en participar nesta Terceira Edición de Animacam, achegando gran parte da súa extensa obra con oito animacións, desde a súa etapa inicial en Francia até o seu desenvolvemento profesional nos Países Baixos.

Desde os seus inicios en 1966, cando obtén a titulación para cursar estudos en Praga, até hoxe en día, a animadora nunca deixou de crear, participando en múltiples iniciativas e formando parte como xurado de prestixiosos festivais de animación de todo o mundo. Destaca na súa obra, a delicadeza coa traza a lapis aos personaxes e o modelado dos mesmos, así como a utilización da imaxe e o movemento combinadas á perfección.

No Festival Animacam.tv, están dispoñibles oito das súas obras na Sección Oficial a Competición na categoría Retrospectiva:

- 850 years in Moskow
- À a votre

- Borderline 1 & 2
- Holly Smoke
- L´Alliance

- Nike 1980
- Pas a dèux

- Psychoderche

- Weg Ermee

Para ver as obras da artista francesa, é tan simple como acceder á páxina principal do Festival, clicar en Ver Vídeos e no buscador de películas, na parte esquerda da pantalla, teclear o nome da animadora: Monique Renault. Reláxense e gocen!


15 sept 2010

A Fundación Mujer es Audiovisual presenta a convocatoria de Cinema en Feminino 2010

A Fundación Mujer es Audiovisual convoca a todas as mulleres que teñan traballos audiovisuais tales como: documentais, curtametraxes, longametraxes, animacións, experimentais, vídeo clips ou filme-minutos; co fin de facer unha selección de proxectos para as diferentes mostras en festivais nacionais e espazos alternativos vencellados á fundación.

Para coñecer os requisitos para participar na Convocatoria Cinema en Feminino 2010 sigan a seguinte ligazón, pulsando aquí

Mujer es Audiovisual conformouse no marco do I Festival de Cinema feminino en Bogotá, Colombia- Luces, Cámara, Mulleres en Acción, unha proposta desde a política pública de Muller e xéneros da Alcaldía Maior de Bogotá no 2007. Alí presentáronse ao redor de 100 películas dirixidas por mulleres, participando 14 países, seis espazos de proxección, cinco conversatorios e un seminario internacional con Esther Pérez de Eulate realizadora española quen representou a Asociación de Mulleres cineastas e de Medios Audiovisuais de España (CIMA).

13 sept 2010

Comunicado urxente: Animacam en Facebook

Estimados e estimadas amigos e amigas do Festival Animacam:

É noso deber comunicarlles que contamos cun grave problema no momento de tentar acceder á nosa conta de Facebook, cuxo usuario é Festi. Animacam, desde hai seis días. Tras tres anos de concorrencia do Festival nos que estivo activo, compartillando todas as informacións referentes ao mesmo a través de dita rede social, atopámonos coa imposibilidade de emitir os nosos comunicados a partir da nosa conta orixinal, creada desde a Primeira Edición do Festival en xuño de 2008.

Tras tentar liquidar o problema, contactando cos administradores da rede social Facebook, cuxos representantes fixeron caso omiso ás nosas demandas, e consultando asesoría a diferentes expertos en informática e social networking, non comprendemos cal é o verdadeiro motivo do cesamento da devandita conta, xa que contamos co perfil de usuario aberto aos internautas e amigos do Festival, pero sen posibilidade de acceder á conta para seguir informando as novidades de Animacam. Por iso, sospeitamos que se trata dun ataque informático ao usuario de Facebook de Animacam, descoñecendo as razóns e motivos que ao causante lle levaron a realizalo.

Lamentamos e pedimos desculpas a todos os nosos seguidores e amigos do Festival, xa que se trata dun erro alleo á Organización e imposible de ser emendado a través da mesma, a cal sempre realizou un labor estritamente profesional e informativa co fin de compartir con todos vostedes a nosa actividade, desempeñada con todo o noso agarimo e estímulo. A pesar diso, a nosa alternativa será crear un novo usuario do Festival para continuar transmitindo ao público as novidades no relativo ao mesmo.

Rogámoslles, acepten as nosas desculpas e instamos os administradores desta rede social a que liquiden, expliquen e argumenten os inconvenientes que nos xurdiron á hora de acceder ao perfil da devandita rede social, motivos e razóns que descoñecemos e como usuarios, temos o dereito de ser informados ao respecto.

Moitas grazas polo seu tempo e atención

Un cordial saúdo

EQUIPO ANIMACAM
info@animacam.tv
http://www.animacam.tv

8 sept 2010

Femitic: Festival de vídeos realizados por mulleres

FEMITIC é un concurso de vídeos que fomentan a participación das mulleres en Internet.

Co concurso de vídeos de mulleres Femitic, Dons en Xarxa (asociación que organiza o certame) pretende alcanzar os seguintes obxectivos:

- Fomentar a creación de contidos dixitais entre as mulleres.

- Animar ás mulleres para que participen máis activamente en Internet e as Redes Sociais.


- Visibilizar ás mulleres en Internet.


- Diminuír a fenda dixital de xénero.


- Fomentar o uso de Internet como un espazo onde promover valores igualitarios e inclusivos entre as mozas e os mozos.

3 sept 2010

A flor carnívora de María Lorenzo

Unha muller soa na súa casa. Un home, ou quizá dous. Unha Venus Atrapamoscas. As flores carnívoras morren cando cazan... pero non todas.

A recoñecida animadora alacantina María Lorenzo -una das figuras destacadas no noso espazo, Mulleres Animando- participa de novo nesta Terceira Edición de Animacam coa súa última animación: La flor carnívora, unha animación tradicional sobre acetato que narra a soidade dunha muller á que as súas plantas carnívoras morren, aínda que non todas.

FICHA DA OBRA

Director: María Lorenzo Hernández
Guión: María Lorenzo Hernández
Animación: María Lorenzo Hernández, Mikolaj Konwacki
Argumento: María Lorenzo Hernández, Enrique Millán
Storyboard: María Lorenzo Hernández
Fotografa: Carol Bernal
Música: Armando Bernabeu, Merche Moret
Montaxe: Jordi Abellán - 25P, Francisco Ortiz
Creditos: Francisco Ortiz
Dirección artística: María Lorenzo Hernández
Produtor: José Iborra, Miquel Guillem