21 dic 2010

Estimad@s amig@s


Todo o noso agradecemento,
por ter medrado, un ano máis, convosco,
por ter compartillado, a vosa vida animada, con nosco,
por ter camiñado xuntos, para animar o mundo,

Por todo elo, e por moito máis

FELICES ANIMADAS FESTAS
E VENTUREIRO ANINOVO!

15 nov 2010

Maite Ruiz de Austri, el referente femenino de la animación española presenta: "EL TESORO DEL REY MIDAS"


Maite Ruiz de Austri é unha escritora, guionista e directora española de cinema e televisión, especializada en programas para nenos e novos. É a única muller directora de longametraxes de animación do cinema español. Até o momenta dirixiu cinco películas e unha serie para televisión. Pertence a CIMA, (Asociación de Mulleres Cineastas) e é membro d a Academia de Ciencias e Artes Cinematográficas de España. Entre os numerosos e importantes premios que recibiu na súa dilatada carreira destacan: dous Premios Goya a  mellor película de animación polo Regreso do vento do norte (1995) e por Que veciños tan animais! (1999), dúas medallas de Ouro en The Houston International Filme Festival e medalla de prata e medalla de bronce en The New York TV Festival.

O pasado cinco de novembro estreou a súa última película, "O tesouro do Rei midas".  Secuela de Animal Chanel (2008). Na que a cegoña Cathy, o rato Nico e o seu compañeiro, Lorri, grandes reporteiros xa coñecidos dos nenos, celebran o comezo dunhas merecidas vacacións, cando Papá Rato comunícalles moi preocupado que acaba de chegar un S.O.S. imposible de ignorar: dous reporteiros da cadea ACH están a ser acosados por un ser monstruoso mentres traballan nunha reportaxe nas profundidades da selva Horripilante e necesitan axuda urxente. ACH, a mellor cadea mundial de TV para animais feita por animais, nunca deixa na estacada a ningún dos seus colaboradores, por iso, Cathy e Nico renuncian ás súas vacacións para ir en axuda dos seus compañeiros e facer, ao mesmo tempo, as delicias dos máis pequenos.


8 nov 2010

Jade Raymond, selo de calidade na industria do videoxogo

Licenciada en Ciencias Informáticas e Belas Artes, esta canadense iniciouse na súa paixón facía os videoxogos no seu adolescencía.

"Despois de pasar todo un verán xogando a videoxogos, fíxose claro que o seguinte paso para min era o de crealos"

Meu dito, meu feito.

Comezou a súa carreira como programadora realizando xogos educativos para as plataformas IBM e Microsoft, con aplicacións educativas; para dar enseguida o salto ao equipo de desenvolvemento de videoxogos de SONY. O seu bo facer, granxeolle unha excepcional reputación que a catapultaría á "archiconocida" desarrolladora e distribuidora Electronic Arts, onde traballo como produtora de SIMS Online.

Como o de Jade son as sagas, decidiu regresar á súa Montreal natal para enrolarse nas filas de Ubisoft, e emprender a travesía pola saga máis exitosa do momento "Assassins Creed". Realizou a primeira entrega como produtora principal; e tras lograr un éxito sen parangón, fíxose co posto de produtora executiva en "Assassins Creed II". Como o seu son as sagas ... tamén terá algo que ver en "Assassins Creed III"; pero esta vez,  e aos seus trinta e cinco anos, desde a mesma dirección de Ubisoft Toronto. Como presidenta.


2 nov 2010

Kseniya Simonava, a creatividade fronte a crise

Kseniya Simonava é unha clara demostración do desenvolvemento e a supremacía da creatividade en tempo de crise.

Esta moza ucraína, nacida o 22 de abril do ano 1985; comezou a debuxar sobre area en 2008, cando por mor da crise de crédito o seu negocio calou en quebra. O seu afan de superación levouna a comezar con esta técnica de animación como punto de inflexión ante a perentoria situación que se lle sobreviña. Xuntando o bo facer e a creatividade que adoita xurdir no ser humano tras situacións de dramatismo extremo, decidiuse a participar no concurso Ukraine´s Got Talent; en España "Tienes talento" emitido por Cuatro televisión. Resultando gañadora en 2009 a partir dunha animación que reflicte a traxedia do pobo soviético durante a Segunda Guerra Mundial.

Kseniya, ademais do prestixio e recoñecemento mundial, gañou un premio que rolda os 90.000 euros ao obter o primeiro lugar. O vídeo do seu "performace" en Youtube recibiu máis de 15 millóns de visitas de todas as partes do mundo.

Dende mulleres animando queremos ofrecer esta pequena homenaxe a Kseniya Simonova e a todas aquelas persoas que saben sacar o mellor de si mesmas nos momentos máis difíciles. Vai por vós!!!.



27 sept 2010

Monique Renault: todo un referente feminino da animación

Tras ser protagonista dunha das entregas de Mulleres Animando, a artista francesa, actualmente instalada en Holanda, Monique Renault, contactou connosco a través da rede, alegre e agradecida polo artigo sobre a súa persoa e interesada en participar nesta Terceira Edición de Animacam, achegando gran parte da súa extensa obra con oito animacións, desde a súa etapa inicial en Francia até o seu desenvolvemento profesional nos Países Baixos.

Desde os seus inicios en 1966, cando obtén a titulación para cursar estudos en Praga, até hoxe en día, a animadora nunca deixou de crear, participando en múltiples iniciativas e formando parte como xurado de prestixiosos festivais de animación de todo o mundo. Destaca na súa obra, a delicadeza coa traza a lapis aos personaxes e o modelado dos mesmos, así como a utilización da imaxe e o movemento combinadas á perfección.

No Festival Animacam.tv, están dispoñibles oito das súas obras na Sección Oficial a Competición na categoría Retrospectiva:

- 850 years in Moskow
- À a votre

- Borderline 1 & 2
- Holly Smoke
- L´Alliance

- Nike 1980
- Pas a dèux

- Psychoderche

- Weg Ermee

Para ver as obras da artista francesa, é tan simple como acceder á páxina principal do Festival, clicar en Ver Vídeos e no buscador de películas, na parte esquerda da pantalla, teclear o nome da animadora: Monique Renault. Reláxense e gocen!