Unha vez Finalizada a Fase de Competición On-line e Off-line polos premios do Público Animacam 2012 ao Mellor Director e á Mellor Película, desde a organización do Festival destácase a gran participación de obras realizadas por mulleres que tomaron parte na fase de finalistas de Animacam.
Así, unha de cada tres obras dun total de 77 filmes finalistas, foron dirixidas e realizadas por mulleres animadoras que, ademais de obter unha grande crítica por parte do público, brillaron con luz propia na fase de votacións da V edición do festival.
Como vén sendo habitual nun marco no que figuras consagradas da animación como Joana Lurie, Isabel Herguera, Svetlana Filippova, Mariña Moskhova, Paola Luciani ou Karla Castañeda volveron a tomar parte, directoras de animación noveis tamén apostaron por Animacam para presentar os seus primeiros traballos ante o gran público internacional.
Nunha edición marcada polo alto nivel das obras a competición - entre elas nominadas aos Óscar ou os Goya -, directoras noveis como Belén Sousa, Silvia Carpizo, Anu Laura Tuttelberg ou Mariana Ramírez destacaron na fase de votacións cos seus primeiro traballos de Animación.
Desta forma, as obras Only You (Belén Sousa), Alienation (Silvia Carpizo), Fly Mill (Anu Laura Tuttelberg) e Pardesi (Mariana Ramírez) conseguiron un máis que merecido posto no Top Ten de Animacam 2012.
Outras obras que despuntaron na competición a mellor película de animación por parte dos votos do público son : Bajo a Almohada de Isabel Herguera, cun meritorio terceiro posto; a iraniana Tunnel de Maryam Kashkoolina, en sexta posición; e Where Dogs Die de Svetlana Filippova, cunha oitava praza.
En adición, na fase de mellor director de animación e dentro dun Top Ten con marcado carácter feminino, destacouse a: Eigth Minutes Deadline de Zina Papadopoulou, segunda nas votacións; a xa nomeada Alienation de Silvia Carpizo, terceira; a codirección de Raquel Diana Rodríguez Lago en The End, cuarta; a ópera prima de Mariana Ramírez, Pardesi, sexta; a codirección de Helene Marschall no premiado filme francés De Riz ou D´arménie, sétima; a galega Belén Sousa co seu primeiro traballo, Only You, Oitava; a letona Annu Laura Tuttelberg con Fly Mill, novena; ou a codirección do Filme alemán Perpetuum por parte de Caroline Reucker, seleccionada en decimo lugar.
Con todo isto, un ano máis reforzase a presenza da muller animadora no Festival, caracterizado pola alta calidade das súas obras e os elaborados proxectos presentados. Sendo por elo, que dende a organización de Animacam faise ineludible facer mención a tan imprescindibles achegas, que conforman unha parte moi importante da idiosincrasia do festival.
Podedes gozar de moitas delas na Web do festival facendo click aquí.
Moitas grazas a todas as participantes
Organización Animacam 2012